Axenda

Día Internacional do libro infantil.

Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”, 17:30 h.

Novo obradoiro na biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”, onde os participantes elaborarán diferentes elementos relacionados con este día. A partir das 17.30 horas, tócalle o turno aos rapaces e rapazas de 3 e 5 anos.

As prazas dispoñibles son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición: Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”. Teléfono: 981.400.101.

Durante todo o horario de apertura da biblioteca, agasallo de marcapáxinas conmemorativos por facer uso do servizo de préstamo.