Axenda

Sendeirismo: Roteiro circular da Capelada

Saída en tren ás 8:20 h.

A Concellería de Turismo e a empresa Roteiros organizan este itinerario interpretado que comeza na Illa do río Mera e atravesa o val do Mera e o de San Adrián para comezar o ascenso á Capelada. Durante o mesmo visitaranse as fervenzas do Pozo do Inferno e A Fervenza, tamén do río Casón. 

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

O camiño de volta farase no tren da costa das 16:30 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 8 euros, ao marxe do custe do transporte.