Axenda

XXXI Feira do Mel e V da Mazá de Ortigueira.

A partir das 10 da mañá na carpa da Alameda.

Como ven sendo tradición dende hai 31 anos, Ortigueira celebra a primeiros de novembro a festa do seu produto estrela, o mel, ao cal se uniu nos últimos cinco a mazá. 

A xornada, que se desenvolverá o día 9, dará comezo ás 10 da mañá ca inauguración da feira, na que se poderán adquirir mel, froitos, produtos km. 0, artesanía  e maquinaria agrícola.

Á unha da tarde farase entrega dos diplomas aos alunmos dos CEIPS José María Lage, de Ortigueira, e Manuel Fraga Iribarne, de Cariño, que participaron na elaboración do cartaz desta edición.

As actividades matinais estarán animadas con música. 

Pola tarde, a partir das catro, continuaremos con un obradoiro de estracción de mel.

O colectivo "Ortigueira entre fogones" colabora ofrecendo unha degustación de produtos elaborados con mel e mazá, que terá lugar ás 17:15 h. no Mercado Municipal.

Para empezar a despedir a xornada, o Meigo da Noite Meiga do Barqueiro fará unha queimada ás 7 da tarde.

Os máis pequenos poderán disfrutar de animación infantil e obradoiros ao longo do día.

Ademais, como é costume, ao longo do día sortearanse varias cestas de produtos entre todos aqueles que merquen na feira.