A
compañía naronesa de Teatro Ghazafelhos representa a súa última produción estreada o
Día das Letras Galegas.
Dirixida a
nenos de 4 anos en diante, é unha obra de teatro actoral na que tres
personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en
directo. O espectáculo, cargado de humor, conta a historia dun vendedor
de ungüentos que fan crecer o pelo, elixires para os catarros, pomadas
para un propulsado primaveral… e que quere colocarlles aos veciños
axudado de cómplices que se atopan entre o público.