Axenda

Cine: O noso último verán en Escocia.

Teatro de Beneficencia, 19:30 h.

Comedia dramática de Andy Hamilton e Guy Jenkin gañadora da sección oficial de longametraxes a concurso da Seminci de Valladolid 2014.

A rede de salas públicas Cinemas de Galicia achéganos este filme no que Doug e Abi, pais de tres fillos encantadores pero moi excéntricos, deciden realizar unha viaxe a Escocia con eles cando a tensión de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio. Alí participarán nunha gran reunión familiar e se reencontraranse con Gordie, o incriblemente extravagante pai de Doug.

Prezo da entrada: 3€.