Axenda

Coro da rá

Na Igrexa Parroquial ás 19:30 h.

A igrexa parroquial de Ortigueira convértese en escenario do concerto gratuíto que ofrece o Coro dá Rá dentro da programación do Nadal da Concellaría de Cultura.

Trátase dunha agrupación vocal a capela que emprega o teatro e a performance para cantar en calquera situación. Con 20 anos ás súas costas, o grupo residente da Escola de Música estudo de Santiago, conta cun repertorio musical que combina estilos variados como o soul,el blues, o jazz, a samba, a bossa nova, a música étnica ou mesmo o dance.