Axenda

VI Xornadas de interpretación histórico - artística do patrimonio do Ortegal

Saída do Museo Ortegalia ás 10:00 h.

O próximo 7 de agosto a Fundación Ortegalia organiza unha andaina polo antigo camiño real Ortigueira- Ferrol.

A saída será dende o Museo Ortegalia ás 10:00h e finalizará en San Claudio arredor das 15:00h.

O prezo por participante é de 5 € (inclúe viaxe de volta en tren).

As persoas interesadas deben anotarse antes do 6 de agosto no Museo Ortegalia ou chamando ao teléfono 981 402 413.

Para máis información:
Avda. Francisco de Santiago, n.º 6-9- Ortigueira
Tel: 981 402 413