Axenda
Comedia: "Música ligera"
No Teatro de Beneficencia ás 20:30 h.
Manquiña e Lomba presentan en Ortigueira un drama cómico ambientado na GandÃa
dos 70, protagonizado por un cantante de hoteis do Mediterráneo,
somerxido nun inferno de alcohol e drogas, e polo seu apoderado.
As suecas, Benidorm ou a música melódica poderanse recordar no espectáculo, composto por cancións que marcaron a toda unha xeración.
É unha historia de éxitos e fracasos narrada por Manquiña co estilo iconoclasta e salvaxe que o define.
Prezo da entrada: 5 €