Ruta de Mera - Capelada
Mapa da ruta
- PUNTO DE PARTIDA E DESTINO:
- Illa fluvial do río Mera 43º39'44.61"N 7º54'23.63" O
- DISTANCIA:
- 17 km.
- TIPO DE SINALIZACIÓN:
- Pivotes de madeira.
Como chegar?
Ao alcanzar na estrada Ferrol- Viveiro (AC 862) o lugar de Ponte Mera, hai que tomar o desvío que leva cara á Área recreativa Illa de Mera. Tamén tes a posibilidade de utilizar o tren da costa. FEVE dispón de estación nesta parroquia, situada ademáis a escasa distancia do punto de arranque do camiño.
O que vas atopar:
- Panorámicas de excepción da ría de Ortigueira, dende os miradoiros existentes na serra da Capelada.
- Fauna en semiliberdade.
- Ampla variedade de flora, en función da altitude e da humidade.
- As fervenzas e saltos de auga do río Casón, entre elas, o sonado Pozo do Inferno.
- Restos arqueolóxicos do Castelo do Casón, un recinto fortificado de vixilancia da Alta Idade Media, dende a que é posible controlar toda a Ría de Ortigueira dende Estaca de Bares ata Sismundi.
- Dous espazos acondicionados para descansar: as áreas recreativas de Mera e do Casón.