Axenda
Conferencia: "Os nosos cruceiros: historia, artistas, devotos, tradicións..."
No Museo Ortegalia, a partir das 12 horas
O mestre, historiador e etnógrafo Clodio González Pérez realizará unha aproximación á historia dos cruceiros, deténdose especialmente nos existentes no municipio de Ortigueira.A entrada é de balde.
A xornada de estudio completarase, xa pola tarde, coa visita a algúns dos cruceiros máis representativos da localidade.