Axenda

"Roteiro a Santo André de Teixido"

Saída da Oficina de Turismo da Lagarea ás 9:00 h. en coche propio.

Saindo de San Adrián da Veiga subimos polo antigo camiño de peregrinos hacia o lugar do Castelo do Casón, visitando o mirador do mesmo nome e a fervenza do Pozo do Inferno. Ascendemo-la serra ata o amilladoiro de Ortigueira, onde depositaremos unha pedra antes de facer o descenso ao santuario.

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

Todas as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no Centro de Recepción de Visitantes, no paseo marítimo. O prezo da actividade é de 8 euros.