Santuario de Portas
Templo situado na serra da Panda (parroquia de Devesos), próximo ao histórico "Camiño dos Arrieiros" que, ademais de pola súa localización nunha contorna natural de gran beleza, destaca pola notable simboloxía e a cantidade de lendas e tradicións que ten asociadas. Entre as máis populares, atópanse as que aluden ás propiedades da auga da fonte próxima ao santuario, da que se di que dá boa sorte e axuda a curar penas e males.