Ruta do borde litoral de Ortigueira
Mapa da ruta
- PUNTO DE PARTIDA:
- Centro de recepción de visitantes 43º41'04.50'' N 7º49'44.45'' O
- PUNTO DE DESTINO:
- praia de Morouzos (torreta observación de aves fronte a illa San Vicente) 43º42''09.33'' N 7º50'21.31'' O
- DISTANCIA:
- 5,40 km (saída).
- TIPO DE SINALIZACIÓ:
- pivotes de madeira e/ou pasarelas.
Como chegar?
Ao entrar no núcleo urbano de Ortigueira, seguir as indicacións que conducen ao Paseo Barro Soto, a piscina municipal e o centro de saúde. Ao final do paseo marítimo, unhas escaleiras de madeira marcan o inicio da ruta.
O que vas atopar:
- Un tranquilo paseo entre piñeirais á beira da ría de Ortigueira, humidal de importancia internacional, zona ZEPA e espazo en réxime de protección xeral.
- Espazos de recreo e esparcemento como o "Murito" (habilitado para o baño ao inicio da ruta) ou o piñeiral polo que se accede ao areal de Morouzos, torretas para a observación de aves e unha completa rede de puntos informativos e refuxios para o descanso.
- A lagoa de San Martiño, de auga doce e carácter estacional, recuperada no 2005, tras levar tempo desecada.
- A praia de Morouzos- Cabalar, o areal máis extenso da ría e un importante enclave ecolóxico, ao dispor dun dos cordóns de dunas litorais máis representativos de Galicia. Fronte a ela, a illa de San Vicente.