Muiño de mareas de Senra
Pechado ata novo aviso.
Desculpen as molestias.
Interese histórico - marítimo e interese natural fúndense neste espazo lúdico, que constitue un museo en si mesmo.
Tras anos de abandono, a rehabilitación do inxeño hidráulico, situado ao fondo da Ría de Ortigueira, na parroquia de Senra, recupera parte da historia social e económica local.
A visita supón unha viaxe no tempo para coñecer a tecnoloxía e comprobar como funciona, movido pola enerxía do mar, este muiño de fariñas, de 1910.
Aproveitando a súa situación, no humedal protexido que é a Ría de Ortigueira- Ladrido, a instalación dispón de zona reservada para a observación de aves, con material especializado. Ademais, é sede da Asociación ornitolóxica Calidris.