Como chegar
Coche
A principal vía de comunicación é a estrada AC-862 de Ferrol a Foz e Ribadeo, que empalma en Neda coa AP-9 pola que se chega á Coruña, cun percorrido total de 99 Km. dende a capital do noso municipio. A distancia ata Ferrol é de 53 Km. Desta estrada, que é, ademais, a principal arteria de comunicación saen cara á costa e ao interior outras vías polas que se accede ás diversas parroquias e aldeas do termo municipal.
Outra posible opción, dende Madrid, é coller a autovía A-6 ata o desvío de Rábade (saída 510) ou Baamonde (saída 523). Pasando por Vilalba e As Pontes de García Rodríguez, chúgase a Ortigueira pola AC-101. Esta ruta remana na área empresarial de Cuiña e conecta coa AC-862 que leva ata o núcleo da Vila.
Se vas vir en coche podes calcular a túa ruta e obter información adicional na Guía Interactiva Repsol.
Autobús
A compañía Arriva une Ortigueira coas principais cidades de Galicia. Podes solicitar máis información sobre rutas e horarios nos teléfonos 981 239001 -estación da Coruña-, 981 311370 -estación de Ferrol- e 902 277482 -número de atención ao cliente-.
Tren
A liña férrea de Ferrol a Xixón -FEVE- ten estación en Santa Marta, en Ponte de Mera e en Santa María de Mera, e apeadoiros en Espasante e Loiba. Se non che queda claro podes chamar ao número 981 370 401 de atención ao cliente as 24 horas do día.
Avión
Os aeroportos de Santiago de Compostela e Alvedro -na Coruña- están a 130 e 90 Km. de Ortigueira, respectivamente. Ambos os dous reciben voos nacionais e internacionais con carácter diario.
Podes obter información sobre as compañías que operan neles e as rutas que cobren na web de Aeroportos Españois e Navegación Aérea -AENA-.