Praia de Sarridal
A praia máis extensa, máis atractiva e menos visitada da parroquia de Céltigos está presidida pola impresionante Pena Furada, un singlar illote horadado. Ata o momento, foi un espazo reservado para xente moi en forma, capaz de salvar, a través dos empinados carreiros utilizados polos habilidosos pescadores, os cantís de gran altura na que se atopa encaixada.
Ademais de zona de area que, en pleamar redúcese á mínima expresión, presenta unha apreciable área rochosa.
A mellora de camiños para acceder a pé a esta prais, incluída no LIC Estaca de Bares, foi obxecto do recente proxecto de turismo mariñeiro de Ortigueira. Pódese visitar dentro da "Ruta de Pena Furada".