Praia de Bimbieiro
É a praia máis frecuentada do tramo máis norteño do municipio. Próxima ao lugar de Mazorgán (Céltigos) e situada fronte aos soados "Aguillóns", trátase dun pequeno areal cuxa fisionomía ven marcada polo curso do regato que o atravesa.
A praia, incluída dentro do LIC (lugar de interese comunitario) Estaca de Bares, conta con servizos de tipo básico (aseos, duchas, recollida selectiva…) e inclúese nas análises de zonas de baño que realiza a Xunta de Galicia.
Bimbieiro emerxe como un dos puntos de interese do Camiño da Costa, dentro da "Ruta dos cantís de Céltigos".