Axenda

XX Xornada gastronómica de doces de Entroido e degustación.

Sábado 6 ás 20:30 h na carpa da Alameda.

Como cada ano celébrase o tradicional concurso de doces de Entroido no que poderán participar todos os veciños e veciñas do concello a título persoal. A entrega dos postres, que poderán ser: orellas, bolas, freixós ou pestiños, farase o sábado 6 entre as 5 e as 7 da tarde na carpa da Alameda.

Tras a entrega de premios que se realizará ás 20:30 h, procederase á degustación popular de todos os doces participantes.

Máis información: 981.422.089