Axenda

Visitas guiadas al teatro de Beneficencia 2019.

Ata finais de ano de martes a sábado.

O departamento de patrimino do Concello de Ortigueira programa, ata finais de ano, visitas guiadas ao teatro de Beneficencia de martes a venres ás 13 e 17 h. e os sábados ás 13 h.

O teatro de Beneficencia, unha pequena xoia de teatro á italiana do século XIX, atópase no interior do antigo Convento Dominico, actual Casa do Concello. Todos os que se acheguen ás visitas guiadas poderán descubrir os antigos usos da estancia, desfrutar das súas pinturas e coñecer datos curiosos dalgunhas personxes ilustres que conforman a historia recente da vila.

Ademais, poderase acceder ao convento e disfrutar da exposición de pintura de Antonio Rúa Saavedra situada no primeiro andar, de luns a venres de 10:00 a 14:00 h. e de 16:15 a 20:00 h. e os sábados de 10 a 14 h.

Pechado os festivos de Nadal.