Axenda

Teatro: "Ordem e Progresso"

No Teatro de Beneficencia ás 20:00 h.

A frase “Ordem e Progresso” aparece na bandeira do Brasil, algo absurdo nun país aparentemente feliz e caótico. Unha ollada ao novo mundo, a ese Brasil recoñecible... e non tanto.

Da man duns músicos de luxo: O Sergio Tannus Trío, o humor de Carlos Blanco chega coa cadencia do pandeiro e do cavaquinho, e o fútbol, e o sexo, e as risas.

A nova proposta de Carlos Blanco, tralos éxitos de “Humor neghro” e “Só”, agora máis colorista, máis ousada, máis de pel.

Ordem e Progresso: para mover o corpo e a mandíbula, rir e bailar.