Axenda

Teatro: "O día da muller embarazada"

No Teatro da Beneficencia ás 20:30 h.

Seis actrices e actores da compañía de teatro Teruca Bouza do Seixo representan esta obra que fala, en ton de humor, da crise económica. Na peza, as mulleres dunha vila deciden atracar os supermercados para sobrevivir. Da noite para a mañán a policía descubre que todas as mulleres están misteriosamente preñadas.

Entrada: 2,50 €