Axenda
Teatro: O meu mundo non é deste reino.
Teatro de Beneficencia, 19:30 h.
A compañía de teatro Rambiola gañou o Premio Manuel María de Proxectos Teatrais con esta obra, adaptación da "Farsa de Bululú" de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este queixume silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.
Sinopse: Uns feirantes chegan ao que chaman fogar, logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carrexan ás costas un enorme " tutilimundi". A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente. Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Unha maneira de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo. Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo finaliza. Desbórdase. Mais Camilo e Tomás volverán representar a súa farsa, o tutilimundi volverá abrirse e a historia volverá comezar.