Axenda

Teatro infantil: "Nana para un soldado"

Ás 19:00 horas no Teatro da Beneficencia

Nana para un soldado relata o encontro de dous soldados inimigos na fronte, que terán que deixar a un lado as súas diferenzas para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno.

Ghazafelhos parte de algo tan duro como unha guerra e algo tan tenro como un nacemento, para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse.

Con grandes doses de humor e rodeados dun ambiente lírico, Ghazafelhos propón 60 minutos inesquecibles dunha historia para público familiar que non deixará indiferente a ninguén.

Entrada: 2,50€