Axenda

Teatro de Rúa: O vendedor de fume.

Xardíns da Alameda desde as 19.00 h.

A compañía naronesa de Teatro Ghazafelhos representa a súa última produción estreada o Día das Letras Galegas.
Dirixida a nenos de 4 anos en diante, é unha obra de teatro actoral na que tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. O espectáculo, cargado de humor, conta a historia dun vendedor de ungüentos que fan crecer o pelo, elixires para os catarros, pomadas para un propulsado primaveral… e que quere colocarlles aos veciños axudado de cómplices que se atopan entre o público.