Axenda

Ruta das algas (Camiño da Costa)

Saída dende Ortigueira, no tren das 9:15 h

A Concellería de Turismo organiza, en colaboración con Roteiros, este itinerario interpretado que percorrerá a zona litoral da parroquias de Loiba. A ruta iniciarase na praia de Esteiro, seguirá pola peníncula do Picón e polos arenais virxes da zona, ata alcanzar a praya de Sarridal, presidida pola Pena Furada.

A volta farase no tren da costa das 16:15 horas.

Todas as persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 2 euros, ao marxe do custe do transporte.