Axenda
RUTA XEOLÓXICA DOS VOLCÁNS
Venres 21 de agosto de 10 a 14 h. en Loiba.
O venres 21 de agosto realízase o último roteiro xeolóxico guiada do mes de agosto. O doutor en xeoloxía Francisco Canosa acompañará aos asistentes nun percorrido de 3 horas e un 6 km. de distancia, cunha dificultade media. Os interesados deben inscribirse no blogue https://rutasgeologicasdegalicia.blogspot.com/
Hai máis de 470 millóns de anos, en todo o litoral de Loiba había numerosos volcáns con erupcións moi explosivas e violentas. A día de hoxe aínda se poden apreciar nas rocas esas pegadas deixadas polos volcáns. Do mesmo xeito é posible observar cantos rodados que hai millóns de anos viaxaban en grandes icebergs, cando esta zona estaba próxima ao Polo sur.