Axenda
RUTA XEOLÓXICA DOS PENIDOS
Mércores 12 de agosto de 10 a 14 h en San Adrián.
O mércores 12 de agosto realízase o segundo roteiro xeolóxico guiada do mes de agosto. O doutor en xeoloxía Francisco Canosa acompañará aos asistentes nun percorrido de 4 horas e un 8 km. de distancia, cunha dificultade media. Os interesados deben inscribirse no blogue https://rutasgeologicasdegalicia.blogspot.com/
Nesta parte da serra da Capelada atopamos o maior afloramento de ecloxitas de todo o noso planeta, unhas rochas de récord que se orixinaron a máis de 100 km. de profundidade, onde a presión é moi alta e iso permite que se formen os diamantes. Pero tamén visitarase o espectacular Pozo do Inferno e o macizo dos Penidos, un miradoiro natural con fermosas vistas panorámicas sobre a ría de Ortigueira.