Axenda
Proxección: “Dhogs”
Teatro da Beneficencia, 20:30 h.
' Dhogs', a ópera prima do realizador galego Andrés Goteira, é a primeira película rodada enteiramente en galego que se estreou no
Festival de Cinema de Sitges 2017 e que foi galardoada co premio ao Mellor director emerxente e Sección oficial. Tamén obtivo trece galardóns nos premios Mestre Mateo 2017 entre outros.
Trátase dun thriller independente que camiña e destrúe o límite entre a realidade e a ficción. Nel únense os destinos de distintos personaxes nunha historia controvertida. Os crimes sucédense nunha cidade que é incapaz de reaccionar, pasiva, que non se enfurece ante nada. Alex ten unha aventura cun executivo que o azar terminará convertendo nunha espiral de violencia que non parece ter ningunha lóxica.
Prezo da entrada: 3€.