Axenda

Presentacion dos libros “San Andrés de Teixido, Historias, Lendas e Tradicións” e “Viaxe á Capelada e o seu Santuario de San Andrés de Teixido”

Salón de Plenos do Concello, 20:30 h.

D. Javier Martínez Prieto (párroco de Santa Marta), será o encargado de presentar os libros “San Andrés de Teixido, Historias, Lendas e Tradicións”, de Federico Maciñeira Pardo de Lama, e “Viaxe á Capelada e o seu Santuario de San Andrés de Teixido”, de Antonio Rodríguez Rodríguez.
O acto está organizado pola Asociación Terras do Ortegal en colaboración co Concello de Ortigueira e a Editorial Garañón-Fundación San Andrés de Teixido.