Axenda

Monólogo do imbécil

Teatro de Beneficencia, 20:30 h.

Xosé Antonio Touriñán achéganos este monólogo escrito por José Antonio Prieto e gañador do premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demáis pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures.

Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

Precio da entrada: 3,50€