Axenda
Xornadas teórico-prácticas sobre a xeoloxÃa do Cabo Ortegal
Os dÃas 14, 15 e 16 de setembro no museo Ortegalia.
Coa realización destas xornadas, impartidas por J. Francisco Canosa MartÃnez, da Facultade de XeoloxÃa da Universidade de Oviedo, preténdese dar a coñecer os aspectos máis relevantes da xeoloxÃa do Complexo do Cabo Ortegal, entre os que destaca a súa orixe, os materiais que o constitúen ou o seu potencial xeolóxico no noroeste da PenÃnsula Ibérica. Ademais desenvolveranse unha serie de talleres xeolóxicos, como é o bateo en rÃos (na busca de minerais pesados), coñecemento e identificación das rochas e minerais máis importantes da zona, pero tamén a iniciación no manexo de cartografÃa xeolóxica. Todo isto complementarase con varias saÃdas ao campo pola bisbarra do Ortegal.
Máis información en: http://fundacionortegalia.blogspot.com.es/