Axenda

IV Curso de Supervivencia no Medio Natural

Organizado pola Fundación Ortegalia os días: 21, 22 e 23 de xuño

Curso de técnicas de supervivencia en condicións extremas, impartido por Jaime Barrallo, director técnico da Axencia de Terras Polares Ramón Larramendi e fundador e exdirector da Escola de Supervivencia de Madrid.

Barrallo introduciranos nunha viaxe polos lugares máis salvaxes do planeta e nas estratexias empregadas polos grupos indíxenas que os habitan, combinándoo coas técnicas de supervivencia máis modernas.

INFORMACIÓN
Fundación Ortegalia
Av. Francisco de Santiago, 6-9 - 15330 Ortigueira
Tel.: 981402413
E-mail: fundación@ortegalia.es
Cuota de inscripción: 60 €
Data límite de inscripción: 5 de xuño