Axenda

III Malla tradicional

Na Alameda a partir das 11 h.

III Malla Tradicional onde veciños e turistas poderán ver como se efectuaba antano o proceso de separación do gran da palla.

Ademais sen moverse do ámbito da Alameda, o concello programará durante todo o día unha auténtica mostra de artesanía e, como sucedía nas xornadas de labor de antano, haberá tempo para a boa mesa, con polbo e grellada, a prezos módicos.