Axenda

II Festa Gastronómica do Bacallau

Os días 5 e 6 de decembro no Porto de Espasante

Para celebrar esta festa gastronómica poderase degustar un menú a base de bacallau nunha carpa instalada para a ocasión e nos restaurantes e bares do pobo, que colaboran ofrecendo diferentes recetas deste peixe.

Durante estas xornadas, a partir das 12:00, tamén haberá animación musical nos locais de hostelería a cargo dos grupos "VAI DE BARANDA" e "ARIÑOS DO CÚ".

Para os pequesnos, o día 5 ás 13 horas contaremos co "SHOW DAS MASCOTAS DISNEY" e o día 6 ás 16 horas "OBRADOIRO DE CHAPAS".