Axenda
I Festa Popular do Deporte
Venres 9 e sábado 10 de agosto
Os dÃas 9 e 10 de agosto celébrase en Ortigueira a I Festa Popular do Deporte.A iniciativa arrancará o venres 9 de agosto con senllos torneos de basket 3 x 3 e fútbol 5 (maiores de 15 anos). No mesmo ámbito da piscina municipal, concretamente nas pistas de skate, ofertaranse ao dÃa seguinte, a partir das 10 horas, clases gratuÃtas de patinaxe en liña. Xa pola tarde, entre as 16 e as 18 horas, desenvolverase na zona unha exhibición de rollerblading e freestyle a cargo do Clube deportivo Galicia Rollers.
A festa do Deporte continuará coa II Carreira Popular de Ortigueira, organizada nesta edición polo Concello de Ortigueira e o Clube de Atletismo Alejandro Gómez, e que renderá tributo ao ciclista local Suso Cobelo.
A carreira pedestre contará con distintas distancias e horarios en función das categorÃa, arrancando cos máis pequenos ás 18:30 h e rematando coa saÃda da proba absoluta (19:30 h), que se celebrará sobre as distancias de 5.000 e 10.000 metros a elixir polos corredores no momento da inscrición e reservada para maiores de 18 anos.
O punto e final desta "I Festa popular do deporte de Ortigueira" chegará, a partir das 21:30 horas, coa entrega de premios na Alameda.
Inscricións:
O atleta vigués Alejandro Gómez, 41 veces internacional con España, implÃcase este ano a través do seu clube de atletismo na organización da carreira pedestre ortegana que contará con distancias e horarios en función das categorÃas.
A Alameda vivirá primeiro con emoción a carreira dos prebenxamÃns que percorrerán uns 100 metros. Tras eles, cubrirán un percorrido de 1.000 metros os benxamÃns, aliñes, infantÃs (nenos/ás de entre 8 e 13 anos). E finalmente, como antesala da carreira absoluta, tomarán a saÃda os cadetes e xuvenÃs (1.500 m). Como novidade, a proba absoluta estrea un circuÃto puramente urbano, o que facilitará o seguimento por parte do público, e celebrarase sobre as distancias de 5 ou 10 km, a elixir polos corredores/ás.
As inscricións terán que facerse a través da páxina web de Cronotec (www.cronotec.es), onde será obrigatorio cubrir os datos solicitados e, no caso da carreira absoluta, facer o pagamento de 3 euros ata o xoves 8 de agosto pola tarde. O resto das probas terán carácter gratuÃto e os participantes poderán inscribirse ata o mesmo dÃa da competición.
No referente ás outras disciplinas da festa do deporte, o Centro de Recepción de visitantes, situado no porto de Ortigueira, emerxe como o punto ao que deberán dirixirse para anotarse, logo de pagamento dos 3 euros de cota, os veciños/ás que queiran disputar os campionatos de basket 3 x 3 e fútbol 5.