Axenda

Festas Patronais en honor a Santa Marta 2018.

Dende o 27 ata o 31 de xullo en Santa Marta de Ortigueira.

O venres 27 de xullo darán inicio as festas patronais en honra a Santa Marta, coa lectura do pregón, ás 21  h. no Cantón, e a posterior verbena na Penela.

A partir de aí sucederanse tres días de festa nos que non faltarán os pasarrúas, as verbenas, os concertos e o teatro.

O peche poñerao, como sempre, a Xira, o día máis familiar das festas no que as familias fan unha comida campestre no piñeiral de Morouzos.

Para máis información consultar o programa adxunto.