Axenda

Exposición: "Orteganas con historias"

Ata o 30 de outubro no claustro da Casa Consistorial

Dúas exposicións nunha, destinadas a facer visibles os diferentes roles que desempeñaban no pasado e que desempeñan hoxe en día as veciñas de Ortigueira.

O proxecto fotográfico ten como punto de partida a colección realizada en 2008 por Álvaro Fernández Polo, que mostraba retratos actuais dunha veintena de orteganas anónimas, captadas na súa vida cotiá.

A mostra do CIM enriquécese ahora con instantáneas históricas cedidas polas usuarias máis veteranas dos obradoiros sociocomunitarios das parroquias. Homenaxe a todas as mulleres orteganas, coincidindo co Día internacional da Muller Rural.