Axenda

Exposición: "Frecuencias Cromáticas"

Espazo Artegalia-Museo Ortegalia do 30 de abril ao 24 de maio.

Obra conxunta de Teresa Barrós e Avelino Castro. As obras estarán expostas en dous espazos, Museo Ortegalia e 1º andar do Claustro do Concello.

Con motivo da apertura ao público desta exposición, a Agrupación Musical Albéniz (da que forman parte os dous artistas plásticos) ofrecerá un concerto no Teatro de Beneficencia.

Programa:
19:00h. Inauguración no Museo Ortegalia.
20:00h. Actuación no Teatro de Beneficencia da Agrupación Musical Albéniz.
21:00h. Acto ianugural a cargo de D. Juan V. Penabad Muras, alcalde de Ortigueira.

A continuación servirase un ágape por xentileza dos integrantes do grupo coruñes.