Axenda

Exposición: "Fotoxornalismo Coruña 2014"

Na sala de exposicións do concello

Nesta edición preséntanse 21 imaxes doutros tantos fotoxornalistas cuxo ámbito de traballo é habitualmente a cidade da Coruña. Nas fotografías abórdanse temas moi diferentes, dende o deporte ata a política ou a paisaxe.A exposición, que pode visitarse en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, recolle traballos de Amador Lorenzo, Andy Pérez, J. Cabalar, V. Casteleiro, César Delgado, César Quián, Eduardo Pérez, Iago López, Javier Alborés, Jesús Sancho, Marta Capote, Marcos Míguez, Mero Barral, Paco Rodríguez, Carlos Pardellas, Patry Fraga, Pedro Puig, Susy Suárez, Óscar Paris, Torrecilla, Víctor Echave.