Axenda

Exposición do CEIDA: "Coidando o noso mar"

No Centro de Recepción de Visitantes ata o 6 de xaneiro.

Esta pequena exposición de 5 paneis persegue sensibilizar sobre o importante valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, descubrir as problemáticas que afectan ao litoral e conseguir un conxunto de coñecementos e destrezas sobre o litoral galego e os seus recursos.

Aberto de xoves a sábado de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Domingos sólo en horario matinal.