Axenda
Exposición Debuxacións
Do 5 ao 29 de febreiro no Museo Ortegalia
O vindeiro 5 de febreiro inaugúrase a nova exposición do Espazo Artegalia, no Museo Ortegalia.
A mostra, que leva por tÃtulo DEBUXACIONS, é obra de Fran Riveiro Calviño.
Fran Riveiro Calviño nace en Santiago de Compostela no ano 1979.
Fórmase en artes escénicas (teatro e danza), dobraxe, producción
audiovisual, crÃtica cinematográfica...; pero mantén unha constante coa
creación pictórica. Tras anos de formación e investigación autodidacta
consegue a carta de artesán na modalidade de debuxo.
No 2015 abre "Toxoa", un espazo que aglutina o conxunto dunha obra de
máis de quince anos, e que pretende seguir creando de maneira artesanal.
Realiza exposicións en diferentes espazos, creando performances ou
intervencións artÃsticas, asà como ofrecendo unha formación en debuxo e
creación expontánea.
A exposición poderase visitar no Museo Ortegalia do 5 ao 29 de febreiro.