Axenda

Exposición de viñetas "EL CERDO SE EXPONE"

No Museo Ortegalia ata o 28 de xullo

Olivier Van Ginneken expón as súas viñetas humorísticas.

O artista móstranos a súa afición polo debuxo nunha obra na que plasma as reflexións, vivencias, anécdotas e experiencias dun porco intelixente e filósofo, cun humor desenfadado, satírico e á vez sutil.

Licenciado en Bruselas e afincado en Galicia, o artista e publicista dirixe a súa propia axencia de publicidade e marketing, DiseñOrtegal.

Poderá visitarse no horario do museo, é dicir, de martes a venres de 11 a 14 e de 17 a 20 horas e nas  fins de semana en horario de mañá.