Axenda

Exposición de escultura: "Doce e moitas máis"

Na Casa Consistorial

Durante o mes de marzo poderase desfrutar da mostra de esculturas de Xosé M. Ribeiro e Otero Regal titulada "Doce e moitas máis" (homenaxe á muller galega), incluída na programación da Concellería de Cultura para este mes.

Poderá visitarse de luns a venres de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas e nas fins de semana coincidindo coa programación do Teatro de Beneficencia.