Axenda

Curso de verán da UDC: Arqueoloxía no berce da civilización: Exipto e Oriente.

No teatro de Beneficencia de 10 a 18 h.

Os estudos e investigacións no campo da  Exiptología Antiga e Oriente teñen unha escasa tradición en España. Este curso ten como obxectivo principal cubrir unha brecha formativa do noso sistema universitario no campo da Historia Universal Antiga, sacando á luz as contribucións dos pioneiros e as contribucións da investigación histórica e arqueolóxica española ás grandes civilizacións do norte de África (Exipto e Tunes) e Medio Oriente (Iraq, Xordania, Siria e Palestina).

Achegamos o programa completo do curso.