Axenda

Concurso de fotografía “A MIÑA ÁRBORE OU GRUPO DE ÁRBORES FAVORITO"

Na Fundación Ortegalia ata o 30 de setembro

Amplíase, ata o próximo 18 de agosto, o prazo para participar no Concurso de fotografía “A MIÑA ÁRBORE OU GRUPO DE ÁRBORES FAVORITO”.

Propón a túa árbore ou grupo de árbores favorito do territorio do Ortegal, presentando:

- Unha fotografía en formato dixital (tamaño DINA4 con resolución mínima de 150 ppp)

-Información sobre:

o Localización

o Nome da especie

o Outras características (dimensións, localización, valor histórico e/ou estético,…)

o Datos do propoñente.

A presentación farase:

- No Museo Ortegalia, Av. Francisco de Santiago, 9 – 15330 Ortigueira

- Vía e-mail: fundacionortegalia@gmail.c​om

A votación farase de forma presencial no Museo Ortegalia ou a través do Facebook da Fundación Ortegalia.

As votacións realizaranse entre o 29 de agosto e o 30 de setembro do 2011.

Premio: unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural.

Ligazóns

Máis información:
Fundación Ortegalia

Museo Ortegalia

Av. Francisco Santiago, 6 y 9-15330 Ortigueira

Tel.: 981 402 413 / 981 422 047

E-mail: fundacionortegalia@gmail.c​om