Axenda
Concerto de jazz: Sumrra
Teatro de Beneficencia, 20:30 h.
O grupo de jazz Sumrrá presenta o seu último disco "6 mulleres" no teatro de Beneficencia de Ortigueira. Neste álbum os galegos renden tributo a 6 mulleres poderosas que foron e aínda son fonte de inspiración na loita dun futuro mellor para toda a humanidade. Frida Kahlo e Rosa Parks de América, Rosalía de Castro de Galicia, Quin Jin de China, Malala Yousafsai de Pakistán e Nawal El-Saadawi de Exipto.Sumrrá 6 Mujeres é unha aportación á loita feminista dende a música contemporánea do século XXI.
Prezo da entrada:3,50 €