Axenda

Comedia: "Música ligera"

No Teatro de Beneficencia ás 20:30 h.

Manquiña e Lomba presentan en Ortigueira un drama cómico ambientado na Gandía dos 70, protagonizado por un cantante de hoteis do Mediterráneo, somerxido nun inferno de alcohol e drogas, e polo seu apoderado.

As suecas, Benidorm ou a música melódica poderanse recordar no espectáculo, composto por cancións que marcaron a toda unha xeración.

É unha historia de éxitos e fracasos narrada por Manquiña co estilo iconoclasta e salvaxe que o define.

Prezo da entrada: 5 €