MURAIS

O Concello de Ortigueira conta con varios murais, obra todos eles do ilustrador local Cristian F. Caruncho e da muralista compostelá Lidia Cao.

Cada obra é unha homenaxe cargada de significado, emoción e sentimento.

Todo comezou no ano 2024, cando o Concello de Ortigueira decidiu decorar a entrada da vila de Santa Marta dende Ferrol, con un mural con claras alusións ao Festival Internacional do Mundo Celta.

O motivo elixido foi a Punkiereteira, que representa a unha «pandereteira» punk, fusionando deste xeito o tradicional co moderno.

Esta personaxe, inspirada no grupo musical de Ponteareas As Punkiereteiras, xa fora protagonista do libro infantil de Cristian, Saínza a Punkiereteria.

Ver en Google Maps

O ano 2025 foi especialmente prolífero para estes dous muralistas, xa que se lles encargaron dous traballos moi diferentes entre si.

Na primavera, Cristian e Lidia traballaron ante a atenta mirada dun público moi especial, os alumnos do CEIP José María Lage. A obra, financiada pola Deputación da Coruña, realizouse para conmemorar o 50 aniversario do centro.

A rapazada puido ver os avances diarios dos murais que ocupan dúas paredes. Nunha delas loce a Nena fan da Pukiereteira que está a ler un libro. Na outra están dúas das personaxes máis recoñecidas de Caruncho: “O Porco Bravo” e “O Moucho”. En ambas obras conviven outros debuxos de alumnos do CEIP José María Lage, que no seu día foron portada da revista escolar “A nosa voz”.

Ver en Google Maps

Dous meses despois, a finais de xullo de 2025, ambos artistas remataban o mural da Ghaiteira, homenaxe ó 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Ver en Google Maps

A Herdanza inaugurábase a principios de xuño de 2026, fronte ao IES de Ortigueira, unha pintura que nesta ocasión narra os vínculos entre avós e netos, coa música tradicional galega como fío condutor.

Ver en Google Maps