ÁREAS RECREATIVAS

ÁREA DE RECREO CADAVAL

Situado nun saínte de costa da parroquia de Loiba, consta dunha zona recreativa sobre a praia Gaivoteira con mesas e bancos epaneis explicativos sobre a zona.

Acceso: dende Ortigueira, coller a AC-862 dirección Viveiro e seguir uns 11 km ata a parroquia de Loiba. Desviarse á esquerda, seguindo a indicación Picón. No seguinte cruce coller cara Loureiros – O Picón e despois seguir as indicacións cara o miradoiro.

Ver en Google Maps

ÁREA DE RECREO A CONCHA

A área recreativa da Concha atópase á beira da praia do mesmo nome. Isto suma servizos á área que conta con mesas, bancos, mesas de ping-pong, duchas, aseos adaptados, recollida selectiva, aparcadoiro, parque infantil e parque biosaludable. Ademais atópase próxima ao punto de partida da Ruta dos Mariñeiros que forma parte do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico.

Ver en Google Maps

ÁREA DE RECREO PIÑEIRAL DE MOROUZOS

O Piñeiral de Morouzos forma parte da área de dominio público marítimo da praia e dos seus ecosistemas xunto co sistema dunar e chans intermareias fangosos. No 2005 toda a zona foi obxecto dun proxecto de rexeneración que permitiu mellorar os equipamentos e a accesibilidade cun edificio de servizos adaptados, aparcadoiro, pasarelas, mesas e bancos, refuxios, áreas de información e descanso, itinerarios peonís e observatorio de aves.

Acceso: a saída da vila de Ortigueira dirección Viveiro, á esquerda, atópase a estrada da praia. Continuar pola mesma 1,5 km ata chegar ao destino.

Ver en Google Maps

ÁREA RECREATIVA E PARQUE INFANTIL DOS XARDÍNS JULIO DÁVILA

Os Xardíns de Julio Dávila están situados na Rúa do Malecón, á beira da ría. O espazo conta cunha área recreativa con zonas verdes e un parque infantil, recentemente mellorada e acondicionada para o descanso e o lecer. Nas proximidades tamén se atopan un parque acuático de chorros e unha zona de calistenia con tirolina.

Acceso: desde o centro da Vila, dirixirse cara á Rúa do Malecón e continuar pola mesma ata chegar aos xardíns, situados á beira da ría.

Ver en Google Maps

ÁREA RECREATIVA ILLA DE MERA

Situado nun illote nas proximidades de Ponte Mera, esta área recreativa permite gozar dunha contorna natural de gran interese ambiental, marcada pola presenza do río Mera e a súa característica vexetación de ribeira. Bidueiros, abeleiras, salgueiros e árbores froiteiras, especialmente maceiras, acompañan as marxes e amosan a fertilidade do val.

Acceso: desde Ortigueira, coller a estrada AC-862 dirección Ferrol e seguir ata Ponte Mera. Unha vez alí, tomar o desvío DP-6122 sinalizado cara á área recreativa.

Ver en Google Maps

REFUXIO DO MERA

Ver en Google Maps