1. Introdución
A través do presente infórmase das condicións e termos xerais que regulan o acceso, a navegación e o uso do portal da internet do Concello de Ortigueira e, en particular, dos seguintes sitios web:
Portal de internet
De conformidade co artigo 39 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, enténdese por portal da internet o punto de acceso electrónico, neste caso https://concellodeortigueira.gal (así como calquera dos seus subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles) cuxa titularidade corresponde, neste caso, ao CONCELLO DE ORTIGUEIRA, o que permite o acceso a través de internet á información publicada e á sede electrónica https://ortigueira.sedelectronica.es
Por isto, se recomenda que, antes de iniciar a navegación, lea atentamente o presente aviso legal.
Carácter da información publicada no portal
As informacións ofrecidas mediante este medio teñen exclusivamente carácter ilustrativo e non orixinan dereitos nin expectativas de dereitos, e o Concello de Ortigueira non se fai responsable dos contidos accesibles a través de ligazóns ou de documentos existentes noutros dominios.
O Concello de Ortigueira procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posíbel, tratando de evitar erros e corrixíndoos tan pronto como os detecta. Con todo, o Concello de Ortigueira non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se encontre permanentemente actualizado.
A información contida no portal pode ser modificada e actualizada polo Concello de Ortigueira, sen necesidade de aviso previo, tanto no relativo ao seu contido como ao seu deseño e presentación.
A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter meramente orientador e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales están estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.
Condicións e termos xerais de uso do portal
Polo acceso, a navegación polo portal da internet do Concello de Ortigueira e pola utilización dos servizos incluídos nel, Vd. adquire a condición de persoa usuaria, sen reservas de ningunha clase, aceptando todas e cada unha das presentes condicións e termos xerais de uso e das condicións particulares que, no seu caso, rexan a prestación dos servizos que se dispoñan no sitio web, sen prexuízo da atención e do cumprimento, pola súa parte, das condicións fixadas e previstas polos sitios web hipervinculados desde https://concellodeortigueira.gal, das cales non responde este Concello.
O Concello de Ortigueira poderá, en todo momento e sen previo aviso, modificar as condicións e termos xerais de uso, así como as condicións particulares que se estabelecesen.
En todo caso, a persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e dos servizos que o Concello de Ortigueira ofrece a través do portal e, con carácter enunciativo pero non limitativo:
(I) Non incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
(II) Non introducir, almacenar ou difundir no ou desde o portal calquera información ou material que, explícita ou implicitamente, sexa difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazante, xenófobo, de apoloxía do terrorismo, pornográfico ou que incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía ou relixión, ou que de calquera forma aten contra a orde pública, os dereitos fundamentais e as liberdades públicas, con especial atención á honra, á intimidade ou á imaxe de terceiros e, en xeral, contra os dereitos humanos.
(III) Non utilizar identidades falsas nin suplantar a identidade doutras persoas na utilización do portal ou na utilización de calquera dos servizos dispostos, incluíndo a utilización, no seu caso, de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma. En consecuencia, a persoa usuaria non deberá acceder e, no seu caso, utilizar as claves doutras persoas usuarias nin modificar ou manipular as súas mensaxes.
(IV) Non introducir, almacenar ou difundir mediante o portal ningún programa de computador, datos, virus ou código que sexa susceptíbel de causar danos no portal, en calquera dos servizos ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes do Concello de Ortigueira ou, en xeral, de calquera terceiro, ou que, de calquera outra forma, sexa capaz de causar calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento destes.
(V) Non destruír, alterar, utilizar para o seu propio uso, inutilizar ou danar os datos, as informacións, os programas ou os documentos electrónicos do Concello de Ortigueira ou de terceiros.
En caso de contravir as condicións anteriores, o Concello de Ortigueira resérvase a facultade e estará lexitimado para bloquear, suspender ou cancelar, de forma inmediata e sen previo aviso, o acceso e o uso do portal e, no seu caso, para retirar os contidos presunta ou declaradamente ilegais, xa o realice ao seu exclusivo criterio ou a pedido de terceiro afectado ou de autoridade competente.
Responsabilidade
O Concello de Ortigueira non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen derivar de, con carácter meramente enunciativo e non limitativo:
(I) Omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías e/ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico ou nos aparellos e equipos informáticos das persoas usuarias, motivadas por causas alleas ao Concello de Ortigueira, que impidan ou atrasen a prestación dos servizos ou a navegación polo sistema.
(II) Atrasos ou bloqueos no uso, causados por deficiencias ou sobrecargas da internet ou noutros sistemas electrónicos.
(III) O portal do Concello de Ortigueira pode conter ligazóns ás sedes electrónicas doutras administracións públicas ou a páxinas web doutros órganos, empresas ou institucións, co obxectivo de facilitar á cidadáns a procura de información e recursos a través de internet. Con todo, devanditas páxinas non son da súa titularidade e, por tanto, o Concello de Ortigueira non é responsábel dos seus contidos, do seu funcionamento nin das posibles consecuencias que poidan derivarse do acceso ou do uso delas.
Propiedade intelectual e industrial
O Concello de Ortigueira é o titular dos dereitos de propiedade intelectual das obras e prestacións que integran este web, ou ben posúe a cesión do seu uso. Isto inclúe o deseño gráfico e o software deste web, así como os textos, as imaxes e as gravacións que contén. A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación destas obras e prestacións require a autorización do titular, á marxe das actividades directamente autorizadas pola lei de propiedade intelectual.
As marcas, os nomes comerciais e os signos distintivos que aparecen nos webs do Concello poden estar protexidos por réximes de propiedade industrial e pertencen aos seus titulares respectivos. Queda prohibido calquera uso que non teña a autorización do titular ou que non estea amparado pola lei.
O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibido, salvo que medie autorización expresa do Concello de Ortigueira.
